
Descrición do curso
ATENCIÓN ATENCIÓN!!
Tede un ollo na páxina da Dirección Xeral de Xuventude (xuventude.net) porque en breve van sacar os cursos do Plan de Formación no que a Escola de Tempo Libre Néboa, participa co curso de “Intelixencia Creativa: Ideas para desenvolver máis ideas”.
Terá unha duración de 28 horas repartidas en dous fins de semana (21,22 e 28,29 de maio). O curso está aberto a todo o mundo, con preferencia os que teñan o curso de monitores/as de actividades de tempo e aire libre. A súa modalidade é presencial e realizaráse na Casa da Xuventude do Concello de Pontedeume.
A continuación desglósase o seu contido:
-Creatividade escrita, 6 horas.
-Creatividade plástica (pictórica, fotografía e cinematrografía), 8 horas.
-A pegada do surrealismo no desenvolvemento da creatividade, 4 horas.
-Análise de textos sobre creatividade, 4 horas.
-O desenvolvemento da creatividade en cada edade, 6 horas.
A matricula realizaa a D.X. de Xuventude segundo as indicacións que sairán publicadas canda o curso.
ANIMÁDEVOS!!