Teléfono : 981347690      Email : escola@neboa.org

XXXII ACAMPADAS INTERMUNICIPAIS NA NATUREZA

XXXII ACAMPADAS INTERMUNICIPAIS NA NATUREZA

XXXII ACAMPADAS INTERMUNICIPAIS NA NATUREZA

A pandemia provocada polo coronavirus e o confinamento que tivemos que levar a cabo de cara a evitar un contaxio masivo,  provocou unha serie de cambios na nosa vida diaria.  Ahora que comezamos a saír e a recuperar a normalidade atopámonos con que o COVID-19 obrigounos e obríganos a cambiar moitas cousas da nosa vida cotiá, tendo que tomar unha serie de medidas para evitar un rebrote ou novo contaxio. A convocatoria do estado de alarma e o tempo de confinamento e desescalada puxeron en perigo a realización das actividades de ocio educativo e tempo libre que tradicionalmente se viñan desenvolvendo no verán destinadas a nenos e nenas e mozos e mozas que gozan nese tempo das vacacións escolares. No caso particular da Escola de Tempo e Aire Libre Néboa nos obrigou a un longo período de reflexión compartido coa Dirección Xeral de Xuventude (administración da que dependen os campamentos)  e outros compañeiros xestores de actividades de ocio e tempo libre.  Coñecedores da importancia que para a xente nova ten o contacto coa natureza, sabedores da necesidade dos nenos de desfrutar do aire libre despois de dous longos meses de confinamento privados das relacións sociais e das saídas ao exterior,  e escoitadas as recomendación das autoridades sanitarias, chegamos á conclusión de que este ano tamén faríamos campamentos na área natural de Vilarbó. Eso sí o coronavirus nos obriga a reinventarnos e introducir numerosas modificacións no noso xeito habitual de traballar; iso unido aos plazos e trámites que requiren este tipo de actividades nos levan a retrasar as datas nas que habitualmente viñamos realizando os nosos campamentos e trasladalos á primeira quincena de agosto, a reducir o aforo habitual dos Acampadas Intermunicipais na Natureza á metade e tamén a modificar un pouco as franxas de edade coas que habitualmente traballamos. Por iso este ano reducimos as plazas á metade ,49 en cada turno. Reducimos as idades, traballando con rapaces e rapazas de idades entre os 8 e os 16 anos e reducimos o tempo, de xeito que os participantes no campamento multiaventura este ano somentes poderán disfrutar de nove días en Vilarbó. Os turnos que propoñemos son:

Comparte