A ASOCIACIÓN ESCOLA DE TEMPO E AIRE LIBRE NÉBOA, é unha entidade sin ánimo de lucro, que dende o noso nacemento, alo polo ano 1993 traballamos para a formación e a realización de actividades principalmente destinadas aos xóvenes.
Realizamos diversas actividades de tempo e aire libre, como campamento, campos de voluntariado,…., organizadas pola entidade prestadora de servizos á xuventude.
A formación levámola a cabo a través da escola oficial ESCOLA DE TEMPO LIBRE.
Dentro das actividades que desenvolvemos o estudo do noso pasado, costumes, patrimonio para a súa posta en valor ante o público. Esta actividade lévase a cabo dende a nosa parte CULTURAL.
A nosa parte cultural está orientada á investigación sobre o noso patrimonio inmaterial (recoller e recuperar crenzas, mitos, lendas, oficios, etc, do noso pasado), momentos da nosa historia, persoeiros interesantes, xoias do noso patrimonio.
Toda a información recollida vaise publicando para a súa difusión.
Saídas culturais, obradoiros, recuperación de festas tradicionais como o samaín, completan a nosa oferta.
Levamos máis de trinta anos realizando Acampadas na Natureza, cunha base ecoloxista, que tratan de achegarao medio natural aos participantes, para o seu coñecemento e desfrute.
Campos de voluntariado de medio ambiente. Na que se realizan diversos traballos de mantemento e recuperación dun medio natural (plantación de árboles, limpeza de ríos, etc.), aparte de diversas actividades lúdicas. Cunha edición especial destinada a persoas con discapacidade psíquica.
Roteiros, xornadas de aire libre (orientación, xeocatching, montaxe de tendas, supervivencia, etc.) xornadas de xogos.
Si tes alguna das nosas inquietudes e che gusta formar parte dunha asociación, ou che interesa participar de diversas actividades: culturais, de aire libre, ou si estas interesado en diferentes actividades de tempo libre podes participar con nós de diferentes maneiras.
Mantémosche informado das nosas noticias, cursos e actividades para que esteas sempre ao día do que pasa na nosa asociación