A ASOCIACIÓN ESCOLA DE TEMPO E AIRE LIBRE NÉBOA naceu en 1993 coa intención de formar aos máis novos sempre dun xeito lúdico, así todas as súas actividades teñen un componente formativo.
A asociación conta cunha filosofía propia escrita polo seu fundador, Gerardo Balado Paz, basada en catro piares fundamentais.
A NATURALEZA E A SÚA IMPORTANCIA
O HOME E O SEU COMPORTAMENTO
A EDUCACIÓN DO MAÑA
OS SOÑOS E A SÚA REALIDADE
Como en todas as asociación somos os socios, persoal voluntario, os que desenvolvemos as actividades que non son en exclusividade para os socios senón que están abertas a todo o público. A participación permite desenvolver as nosas destrezas e capacidades.
O aire libre e o medio natural son moi importantes para o desenvolvemento das nosas actividades, pero tamén a nosa cultura porque é a que nos da a nosa identidade como pobo. Coñecendo o noso entorno e o noso pasado é o xeito de avanzar cara o futuro.
1- A organización de actividades culturais, deportivas, intelectuais,…, coa xuventude e para a xuventude. Tales como conferencias, seminarios, cursillos, proxección de películas e documentais, presentación e comentarios de libros, campamentos, e outras actividades que se poidan desenvolver das mesmas características.
2- Ofrecer ao conxunto da sociedade i especialmente á xuventude un servizo de formación de xestores/as, monitores/as, directores/as, animadores e animadoras socioculturais, deportivos/as e de tempo libre.
3- Difundir a información cultural e outra de interés xuvenil a toda a sociedade a través de un servizo de publicación, documentación e información.
Se che gusta a nosa filosofía, tes inquietude pola cultura, polo mundo do aire libre, ou che gusta a formación ou traballar cos máis novos convidamoste a que te fagas soci@. As persoas socias teñen información das actividades que desenvolve a asociación. Ademáis participan da elección das mesmas a través da asamblea anual. Os tipos de socio e cuotas, (que contribuirán á realización das actividades).