Escola de tempo libre

Néboa

Escola de tempo libre
20
Anos de experiencia
Néboa

Escola de tempo libre

Descúbrenos:
O Decreto 50/2000 do 20 de xaneiro define as escolas de tempo libre como "centros de formación, perfeccionamento e especialización de xoves educacores nas actividades e técnicas orientadas á promoción e axeitado emprego do lecer".

As escolas de tempo libre son as encargadas de formar no mundo do tempo libre impartindo os coñecementos que todo dinamizador social debe posuir, porque podemos decir que o monitorado e persoal directivo de actividades de tempo libre son en realidade dinamizadores sociais.

As escolas de tempo libre e as asociacións, sobre todo as xuvenís, son a base da dinamización social porque son punto de encontro entre persoas cos mesmos intereses, onde poden completar e actualizar a súa formación académica en contacto directo coas necesidades do seu contorno.

As escolas de tempo libre impartimos cursos oficiais no mundo do tempo libre estos son:
* Curso de monitor/a de actividades de tempo libre.
* Curso de Director/a de actividades de tempo libre.
* Curso de Diretor/a de campos de voluntariado.

Pero tamén impartimos outros cursos relacionados co mundo do tempo libre como o de creatividades, atención a persoas con discapacidade, etc…

Rexistrada na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado co G11.

Néboa

Faite soci@

Se che gusta a nosa filosofía, tes inquietude pola cultura, polo mundo do aire libre, ou che gusta a formación ou traballar cos máis novos convidamoste a que te fagas soci@. As persoas socias teñen información das actividades que desenvolve a asociación. Ademáis participan da elección das mesmas a través da asamblea anual. Os tipos de socio e cuotas, (que contribuirán á realización das actividades).

Subir