
Datos do curso
Descrición do curso
O curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre Néboa desenvolvese dacordo co Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro (DOGA 10/03/2000), que refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, regula as Escolas de Tempo Libre, así coma os programas de formación que se van impartir nas mesmas. Este é un curso de segundo nivel, é dicir, ten por obxeto a formación das persoas para capacitalas para a organización dun equipo de monitores/as e especialistas na organización e execución das actividades. É este decreto, modificado posteriormente nalgúns puntos con outros regulamentos, o que estipula os requisitos para a matrícula (ter o curso de monitor/a de actividades de tempo libre.
Requisitos:
Posuir un título de ensinanza secundaria.
Acreditar unha experiencia de traballo como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, a lo menos, 250 horas ou como integrante dun equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.
Consta de dúas fases:
a) Fase teórico -práctica de 150 horas de duración.
b) Fase práctica que tera como mínimo 14 días de duración que se realizará una vez rematada e superada a fase anterior, nun prazo de dous anos a partir da entrega do apto teórico. As prácticas serán en base a un proxecto elaborado polo participante e supervisado polo titor.