Cando pensamos na creación da entidade, os nosos primeiros pasos encamiñaronse cara a búsqueda da súa filosofía e que obxectivos poderíamos establecer con ela.
“NÉBOA”, a súa filosofía, ten como fonte fundamental dous aspectos ou referencias nas que basarse, que son:
A Natureza como expoñente de orde e de vida.
O home como eixo sobre o que xira todo o noso bó pensar.
Esto motivou que a filosofía de “NÉBOA” esté estructurada en catro alicerces básicos, que recollen a nosa forma de pensar, obrar e, como non, o noso desexo para co mundo:
A Natureza e a súa importancia conforma o primeiro dos catro puntos básicos nos que sustentamos a nosa filosofía, ademáis de ser considerada prioritaria na configuración dos apartados educativos e de carácter ecolóxico formativo que sobre a Natureza debemos ter.
A Natureza acada o seu máximo valor dentro da nosa filosofía porque entendemos que a través dela, e somente con ela, poderemos, non só desenvolver o noso Campismo Fortuna, senón como único medio da nosa existencia, considerala como eixo principal de todo tipo de vida terreal.
A importancia que a Natureza ten debe ser contemplada, estudiada e analizada con profundidade e rigor, xa que todo trato discriminatorio e vexatorio repercutirá no comportamento que ésta desenvolverá nun futuro a longo plazo.
A Natureza deber ser o alicerce básico, non tan só na nosa filosofía campista, senón tamén de calquera sistema cultural-educativo, tendo sempre presente que non se poderá facer un estudo racional da mesma, e tratala de xeito totalmente contrario.
Cando eleximos como primeiro alicerce da nosa filosofía, a natureza e a súa importancia, éramos coñecedores de que esto debería ser así. Desde a filosofía de “NÉBOA” así o sentíamos, e tamén porque desde os postulados sociais e formativos que plantexamos, non só para o presente, senón tamén cara o futuro, a natureza adquire o papel de protagonista como soberana en canto fonte de beleza, e como pulmón e corazón de vida.
Desde NÉBOA, queremos amosar a nosa gratitude a todos os pobos e colectivos que viven respetando a natureza, benefactora da Humanidade, así como a todas aquelas persoas que fan da Natureza un motivo importante do porque da súa existencia, dos seus comportamentos e actitudes.
A Natureza e a súa importancia terá que ser moito máis divulgada e dada a coñecer á sociedade en xeral. Pero a nosa filosofía intenta obrigatoriamente que o sector social do que dependerá fundamentalmente a construcción do futuro, referimonos claramente á xente nova, sexa o primeiro no inicio do seu coñecemento. Sector do presente que herdará cando adulto, unha Natureza que só o tempo se encargará de dicir en que forma, que consecuencias e importancia terá para as próximas décadas.
“NÉBOA” basearase, non só no alicerce fundamental que é a Natureza, senón tamén no resto dos puntos que conforman a nosa filosofía social e o sistema educativo resultante. Nembargantes, como xa dixemos, o seu eixo vital será a Natureza e a importancia que esta ten e terá para a humanidade no presente e no futuro da vida na Terra, e as consecuencias que se derivarán de que aceptemos ou non que a natureza debe ter o protagonismo que lle corresponde en toda forma de vida.
Todo esto fai que pensemos do seguinte xeito: partindo de ser a Natureza o eixo principal, fonte da nosa vida, a mente humana, nas súas capacidades, debe asumir, con toda claridade, a importancia e a necesidade da mesma. De ser así, daríamos un paso adiante para que, nun futuro a Natureza sexa preservada, entendida e respetada, tal e como corresponde.
É o segundo alicerce dentro do desenvolvemento filosófico de “NÉBOA”. Complementase cos restantes alicerces que a nosa asociación asume como filosofía, e o desenvolvemento da mesma en materia cultural, a través dos seus programas e plans que intentan conseguir un maior entendemento e divulgación do Campismo Fortuna. Ademáis pretendemos que a oferta cultural que asume e propón á sociedade teña nos seus principios e fins o lograr que a nosa filosofía sexa entendida, respetada e practicada polo maior número posible de xovenes e da sociedade en xeral, sin distinción de razas, ideoloxías, …
O comportamento do home é un aspecto a ter moi en conta en calquera intento de desenvolvemento filosófico, ademáis dos fins que co mesmo se pretenden acadar. O home e o seu comportamento debe ser materia de estudo e de análise para que cando poñamos en marcha calquera plan ou programa esto sexa contemplado tanto nos aspectos positivos, como tamén moi especialmente aquelas actitudes negativas que poidan pór en perigo non só os nosos plans e obxectivos, senón tamén a natureza. Falamos de comportamentos inconsecuentes co respeto que merece a Natureza e de comportamento irracional de respeto cara ó seus semellantes, que como eixo de cultura e formación se debera posuir.
Ao longo da historia e do tempo o home manifestou como un feito contrastado, que o amor á Natureza e o respeto ós seus semellantes non se cumpliron, nin se cumplen como é de esperar, a pesar da súa intelixencia, raciocinio e sentido común.
Os nosos comportamentos son cuestionados por aqueles sectores sociais, pobos, paises que sofren todo tipo de agresión ética e moral por parte de gobernantes e sectores co único fin do poder de domeñar toda forma de vida, sen deterse a pensar e razoar as consecuencias que esto orixina, non só no momento propio das súas intervencións, senón nos séculos vindeiros, e o presente nos comportamentos e actitudes do pasado.
Dado que este aspecto o punto básico filosofico que tratamos de desenvolver ten como elemento esencial a Natureza queremos manifestar que o aquí exposto trata de recoller e lembrar todo tipo de agresións dirixidas á Natureza no nome do estado do benestar social, pero o seu precio non o pagan os seus impulsores, pagao a humanidade en xeral e a natureza, eixo principal e fonte de vida.
Do home e os seus comportamentos teremos moito que aprender para cambiar aquelas actitudes negativas que ao longo do tempo veñen poñendo en perigo a existencia do home como tal, ademáis de arrastrar cara a destrucción total ao resto dos seres vivos que forman xuntamente con él ese paraíso que en condicións normais debería ser o planeta Terra.
Estas reflexións non tratan de ser pesimistas, ao contrarió son optimistas porque pensamos que a nosa conciencia está cambiando cara ese trato e respeto que como seres racionais debemos manifestar e posuir.
Este punto, como un dos alicerces que forman parte da nosa filosofía e en particular dos nosos principisos a establecer no noso Campismo Fortuna, é un dos programas donde “NÉBOA” pon un maior énfase na súa divulgación e práctica.
O home e os seus comportamentos dentro da nosa filosofía cambian radicalmente, non só no aspecto persoal senón tamén no que respecta ao grupo como elemento integrador social contra o individualismo desmedido, así como ese cambio xeral e particular que experimenta cara a Natureza e todos os seus compoñentes.
Do home e os seus comportamentos esperamos a súa mellor proba, dada a importancia que a súa aportación ten para lograr os nosos fins.
É o terceiro apartado que forma os catro alicerces básicos e esenciais para o desenvolvemento global da nosa filosofía.
É capítulo vital, non só como compoñente de cohesión dos tres puntos ou alicerces restantes, senón que da súa aportación dependerán en gran medida os resultados finais dos obxectivos xerais establecidos, e os particulares que para o alicerce ou punto en sí sexan fixados.
A educación do mañá pasa obligatoriamente polo tipo de educación que estamos recibindo no presente o da herdanza ou legado que temos do pasado en materia educativa. Ou sexa, o futuro do sistema educativo virá determinado polo grao de incidencia da educación recibida con anterioridade.
A planificación educativa do mañá non poderá particularizar sobre uns determinados aspectos, senón que deberá ter un tratamento globalizado. Os resultados e actuacións dependerán da calidade de ensino recibido, así como do sector social a quen vai dirixido o programa, o plan en concreto.
Na educación do mañá habera que ter en conta certos valores sociais e tradicionais que ainda non desapareceron e lembran outros que si foron arrastrados pola decadencia de certos aspectos educativos, sociais, políticos, …, sendo esto motivado polas convulsións que a sociedade actual está padecendo por mor de diferentes procederes que emanan dos poderes, e que exercen unha influencia moi directa nos comportamentos sociais da humanidade en xeral.
Pouco ou muy pouco, baixo o noso punto de vista, se mellorou a nivel mundial, cara un sistema educativo integral. É dicir, poñense en funcionamento moitos plans e programas a sabendas de que chocan con outros existentes, e sin existir a orde e equilibrio necesarios para lograr esa meta final que aglutina á humanidade cara o respeto de valores persoais e colectivos.
A humanidade deberá ter no futuro ese sistema educativo común, de trato e respeto ao individuo e ao colectivo. Pero sempre terá que preservarse de todo arrebato irracional contra a Natureza xa que, sin ela o noso futuro como humanidade correrá un serio e gran perigo de supervivencia, ao mesmo tempo que nos atoparemos cunha sociedade deshumanizada e carente de valores sociais, indispensables para levar unha vida en paz e equilibrio como equilibrio é a Natureza.
Á educación do mañá intentamos contribuir desde “NÉBOA” poñendo en práctica toda a nosa flosofía e pensar.
É o cuarto alicerce sobre o que sustentamos a nosa filosofía e reflicte, non só unha aspiración xeral para o rapaz ou adulto, senón que ésta chea dunha forte dose dunha particuar forma de ser e pensar no que respecta as nosas ilusións, traballo e obxectivos.
Os soños e a súa realidade contemplanse como algo intanxible que pode plasmarse e dar contestación ao soño ou á mente, en definitiva, a moitas fantasías que, como persoas, visionamos, para dar cabida a un tipo de felicidade ou logros que, na realidade, parece moi difícil de acadar.
Na filosofía de “NÉBOA”, os soños e a súa realidade forma parte vital do su contido xenérico e educativo. Proba diso son os programas e actividades que planificamos para acadar, cunha boa dose de imaxinación, os obxetivos xerais que “NÉBOA” ten establecidos, axudando así, en gran medida, á consecución de obxectivos particulares e pesoais de centenares de xovenes.
A través dos soños e a súa realidade inculcamos ao xoven ese optimismo e forza necesarios para emprender un novo pensar, non só nas súas propias aptitudes e actitudes, senón nese camiñar cara novas sendas, que o leven cara un horizonte donde a Natureza sexa entendida, querida e disfrutada.
Sin soños non hai esa fonte de enerxía e de imaginación para conseguir que a realidade e o soño se xunte e fusionen nun só, dando esa gran resposta a vellas aspiracións, e metas con bonitos ideales, inxenuos, pero xenerosos cun mesmo e co grupo que forman parte da existencia de toda persoa nova ou adulta.
Cos soños e a súa realidade, resulta moito máis sinxelo o entendemento de épocas pasadas. Así podemos imaxinarnos ser Robinsons nunha illa perdida, mosqueteiros percorrendo sendas preciosas, Buffalo Bill, e un longo etcétera, de persoeiros históricos e mitolóxicos que, por algún motivo, en certa ocasión quixemos imitar, pero nunca puidemos realizar por non ter os medios necesarios para facelo.
Soñar é maravilloso, pero visionar, e participar del de xeito activo e real e máis bonito e gratificante, ademáis de ser un bo antídoto contra a frustación e o desencanto particular e xeral que tanto asola a sociedade.
A través de “NÉBOA”, e baixo a tutela dos nosos principios básicos, podemos conseguir devolver o sorriso e a ledicia a moitos xovenes que se sinten desencantados e pouco atraidos polo que os rodea. O rapaz, a través de “NÉBOA” adquire un papel moi importante como actordirector dunha serie de películas e secuencias que o marcarán para sempre, sendo inolvidables para él esas experiencias e coñecementos, que un día adquiriu na practica do Campismo Fortuna.
O soño debe continuar, e a súa realidade perdurar, en función da circunstancia e necesidade do soñador. Para que esto así ocurra, os nosos programas terán que ter ese carácter de continuidade para axudar e abrir esa porta de aventura e realidade aos que comezan na práctica do campismo Fortuna.
Pero non só se beneficia o novo e o adulto dos soños e a súa realidade. Será beneficiada de tan fermosa filosofía “fantástica”, a natureza, porque ela é o elemento integrador e eixo sobre o que xiran a maior parte dos nosos programas.
O campismo Fortuna non é un campismo utópico. Pola contra, é un paso cara unha nova etapa que estamos vivindo no que respeta ao home e a Natureza, ao home e ós comportamentos, ao mañá e á súa realidade, aos soños e as súas aportacións.
Que bonito é pensar cando evocamos esos soños fantásticos e maravillosos! Que bo é poder contar como, a través da nosa filosofía, podemos pór na realidade todo o que a nosa mente pensou en realizar en soños, tanto a nivel particular como colectivo!
Soños e realidade manifestanse e dan ese toque de distinción que fan do Campismo Fortuna unha fórmula vella no tempo que adquire esa consideración esencial na actualidade, co fin de conseguir uns valores sociais e éticos relevantes, que repercutirán nunha mellor calidade de vida natural, donde a Naturza, o novo ou adulto e os seus soños sexan a realidade do presente e o futuro.
“NÉBOA” posibilita ese achegamento necesario para iniciar ese gran cambio que a humanidade debe experimentar para logar que os soños e a súa realidade se cumplan, pero dentro dun guión donde o home adquira ese papel tan característico en toda obra literaria, en donde o seu contido esencia sexa a via en Paz e Liberdade, e a Natureza permita, gracias á súa existencia, que sigamos soñando para facer posibles os nosos soños “A Realidade”. Esta non é un soño, é unha necesidade.