A ASOCIACIÓN ESCOLA DE TEMPO E AIRE LIBRE NÉBOA naceu en 1993 coa intención de formar aos máis novos sempre dun xeito lúdico, así todas as súas actividades teñen un componente formativo.
A asociación conta cunha filosofía propia escrita polo seu fundador, Gerardo Balado Paz, basada en catro piares fundamentais.
Como en todas as asociación somos os socios, persoal voluntario, os que desenvolvemos as actividades que non son en exclusividade para os socios senón que están abertas a todo o público. A participación permite desenvolver as nosas destrezas e capacidades.
O aire libre e o medio natural son moi importantes para o desenvolvemento das nosas actividades, pero tamén a nosa cultura porque é a que nos da a nosa identidade como pobo. Coñecendo o noso entorno e o noso pasado é o xeito de avanzar cara o futuro.
1- A organización de actividades culturais, deportivas, intelectuais,…, coa xuventude e para a xuventude. Tales como conferencias, seminarios, cursillos, proxección de películas e documentais, presentación e comentarios de libros, campamentos, e outras actividades que se poidan desenvolver das mesmas características.
2- Ofrecer ao conxunto da sociedade i especialmente á xuventude un servizo de formación de xestores/as, monitores/as, directores/as, animadores e animadoras socioculturais, deportivos/as e de tempo libre.
3- Difundir a información cultural e outra de interés xuvenil a toda a sociedade a través de un servizo de publicación, documentación e información.