Teléfono : 981347690      Email : escola@neboa.org

CURSO DE MONITOR/A ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

CURSO DE MONITOR/A ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Datos do curso

Prazas dispoñibles 10
Data do curso 10 Febreiro 2021
Prazo de inscrición 1 Febreiro 2021
Comparte

Descrición do curso

O curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre Néboa desenvolvese dacordo co Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro (DOGA 10/03/2000), que refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, regula as Escolas de Tempo Libre, así coma os programas de formación que se van impartir nas mesmas. É este decreto, modificado posteriormente nalgúns puntos con outros regulamentos, o que estipula os requisitos para a matrícula (maior de 18 anos, título de graduado escolar ou equivalente), a duración do curso e a súa estructuración en duás fases (teórica e práctica), as materias a impartir, ...

Este curso consta de dúas fases:

a) Fase teórico-práctica cunha duración de 200 horas lectivas na que se tratarán os seguintes módulos: psicoloxía e dinámica de grupos, socioloxía, contacontos, metodoloxía e programación, primeiros auxilios, técnicas de campismo e excursionismo, lexislación, seguridade en tempo libre, asociacionismo, recursos e axudas, animación, expresión plástica, expresión dramática, animación deportiva e educación ambiental.

b) Fase práctica, de 150 horas que se realizará unha vez rematada e superada a fase anterior, nun prazo de dous anos a partir da entrega do apto teórico.