O Decreto 50/2000 do 20 de xaneiro define as escolas de tempo libre como "centros de formación, perfeccionamento e especialización de xoves educacores nas actividades e técnicas orientadas á promoción e axeitado emprego do lecer".
As escolas de tempo libre son as encargadas de formar no mundo do tempo libre impartindo os coñecementos que todo dinamizador social debe posuir, porque podemos decir que o monitorado e persoal directivo de actividades de tempo libre son en realidade dinamizadores sociais.
As escolas de tempo libre e as asociacións, sobre todo as xuvenís, son a base da dinamización social porque son punto de encontro entre persoas cos mesmos intereses, onde poden completar e actualizar a súa formación académica en contacto directo coas necesidades do seu contorno.
Pero tamén impartimos outros cursos relacionados co mundo do tempo libre como o de creatividades, atención a persoas con discapacidade, …