Néboa Noticias

Mantémosche informado de todo o que sucede na nosa asociación

Néboa

Curso de director de actividades de tempo libre 2025

Curso de director de actividades de tempo libre 2025

O próximo día 15 de febreiro dará comezo o curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre, se tes o curso de monitor/a de actividades de tempo libre e interés polo undo do tempo libre non o dúbides, este é o teu curso.

SOLICITUDE DE MATRÍCULA
De acordo co Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro (DOGA 10/03/2000), polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, establecéndose a regulación das Escolas de Tempo Libre, así coma os programas de formación que se van impartir nas mesmas no seu Título III, a Escola de Tempo Libre Néboa convoca un curso de Director de Actividades de Tempo Libre.

DESENVOLVEMENTO DO CURSO
Este curso consta de dúas fases:
a) Fase teórico-práctica cunha duración de 150 horas lectivas.
b)Fase práctica, que se realizará unha vez rematada e superada a fase anterior.
Constará dun mínimo de 14 días de duración dunha actividade de tempo libre en campamentos, colonias, etc., cun mínimo de 50 participantes, ou en campos de traballo cun mínimo de 20 participantes, ou de 150 horas de actividade periódica nunha entidade ou asociación que traballe no eido da educación no tempo libre. Esta fase práctica deberá levarse a cabo na asociación Néboa, xa sexa nos seu campamentos ou ben no seo da Asociación Néboa.

TITULACIÓN
Logo de ter superadas satisfactoriamente ámbalas dúas fases obterase o título de Director de Actividades de Tempo Libre, expedido pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Este título capacita para a coordinación dun equipo de monitores e especialistas para a organización de actividades de animación socio-cultural e recreativas, xa sexan de tempo libre urbano ou de natureza.

REQUISITOS PARA OS PARTICIPANTES
✓ Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
✓ Estar en posesión dun título de Secundaria (Bacharelato, FP, ...).
✓ Acreditar unha experiencia de traballo como monitor no campo da educación/animación no tempo libre de, alomenos, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.

Presenta-la seguinte documentación:
• Ficha de inscrición.
• Fotocopia do D.N.I.
• Fotocopia do título de monitor de actividades de tempo libre.
• Fotocopia do título esixido ou o que se posúa de nivel superior.
• Fotocopia de certificacións ou contratos de traballo como monitor
• Unha fotografía recente de tamaño carné.
• Curriculum vitae.
• Resgardo de ter efectuado o ingreso bancario na seguinte conta de Abanka: 2080 0216 93 3040009250

Prezo da matrícula: 250 euros. Farase un desconto do 10% a todos aqueles usuarios do Carné Xove (debendo presenta-la fotocopia do mesmo) e ós socios da Asociación Néboa.

DATAS E HORARIO DO CURSO
O curso comezará 8 de febreiro e rematará o 24 de maio, desenvolvéndose en fins de semana, períodos vacacionais e festivos en horario de tarde, de 16:00 a 20:00/21:00 segundo o calendario que se adxunta a este documento.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
Escola de Tempo Libre Néboa- tlf 646 156 421 en horario de 17:30 a 20:30 ou 669111183 en horario de 19:00 a 21:00
A entrega da documentación pode facerse:

- A través do correo electrónico escola@neboa.org
- No local da escola de tempo libre sito en Muchiqueira 24, Mourela, Neda en horario de 17:30 a 20:30

Documentación

1
Matricula curso de director de actividades de tempo libre 2025
2
Calendario curso de director de actividades de tempo libre 2025
Subir