Celebración Samaín 2021
Coma todos os anos, agás o último por razón obvias, celebramos a festa do samaín. Este ano contóu con tres actuacións: o tradicional Obradoiro de cabazas, como é habitual; a cea celta, co nomeamento dos guerreiros/as do ano e unha noite de contos.
O día 29 de outubro, realizamos o Obradoiro de cabazas, con moi pouca xente. Se a esto sumamos que había dificultades para conseguir cabazas foi un pouco escaso pero conseguimos realizar algunas cabazas chulas, que aproveitamos para decorar a mesa ao día seguinte.
O día 30 de outubro, realizamos a cea de Samaín, un pouco limitada por mor dos coletazos da pandemia, pero ahí estivemos. O Samaín é unha festa que antiguamente duraba varios días e que algúns estudosos dín que a súa verdadeira celebración se conservóu ao longo do tempo como o San Matiño.
É unha festa que está en auxe na nosa sociedade, mágoa que o xeito de celebración teña máis que ver co Halloween norteamericano que co noso propio que se diluiu e se está a perder en pro da globalidade. Irónico sendo o noso, o orixinal e o outro unha copia adulterada. Hai que destacar nembargantes o labor que fan os centros de ensino e alguhas asociacións, como a nosa, que traballan para a recuperación do Samaín tradicional traballando a recuperación dos colares e pulsos de zonchos, as cabazas escabadas (nas que levaban o lume novo para o fogar) e, incluso, as canciociñas de bendición ou escarnio segundo lles derán ou non lambetadas nas casas.
Como adoita a ser habitual desde hai algún tempo a Asociación Escola de Tempo e Aire Libre Néboa fai entrega dos galardóns de “Guerreiros/as do Ano”. Este ano reacaerón en:
-> Ofelia López Bermúdez, poetisa e pintora, pola súa labor non so na defensa do arte (pertenece á asociación Alalá de poesía e ARTPO de pintura) senón tamén pola súa defensa do idioma galego que fala habitualmente e no que expresa toda a súa obra. Nos seus poemas Ofelia pinta, co seu rico vocabulario, unha paisaxe rural, evocadora doutros tempos, cunha naturalidade que nos transporta a ese mesmo momento e lugar.
-> Miguel Martínez Vede, músico gaiteiro (ainda que toca tamén o laude, a flauta e o acordeón) pola súa defensa da música galega. Este aresano leva moitos anos ensinando a música da nosa terra a moitas persoas de todas as idades da nosa comarca, tal como él nos explica chegou a ter 13 escolas a un tempo. Pero Miguel ademáis forma parte de grupos como: Grupo de Gaitas Trouleada, Grupo de Gaitas Aresán, Rondalla Trovadores de Ares, Grupo de Acordeons de Neda e Grupo de Teatro Teruca Bouza de O Seixo.
O 13 de novembro, celebramos a “Noite de contos” no que fixemos intercambio de contos antiguos sobre bruxas, aparición, luces, aparecidos, … Nela participaron xentes de diferentes idades.