Feliz día de Samhaín
Sí, tamén neste ano tan atípico e duro, no que un Inemigo dun tamaño case invisible é capaz de minguar a nosa especie. Neste ano que aprendimos que só somos unha especie dentro dun mundo máis grande e que non estamos ao mando, que a Terra pode sobrevivir sen nós.
É o samhaín unha data na que temos moito que celebrar. Temos que celebrar que continuamos con vida, e temos que lembrar e honrar a aqueles que morreron ao longo do ano, xa que por estas datas se homenaxea aos mortos. Os celtas crían que esta noite (do 31 de outubro ao 1 de novembro) os mortos ao longo do ano tiñan permiso para visitar aos seus familiares, ben para despedirse, para velos por última vez, ou para transmitirlles algo. Simplemente temos que estar atentos. ESCOITEMOS
Esta festa celta que perviviu ao longo de todos estos séculos duraba varios días, ahora tamén, o día de samhaín, o día de todos os santos e o día de defuntos.
Comeza o reinado da deusa anciá que coa sua cara bondadosa, sabia, dura, …que nos atrae e nos intimida na mesma proporción e nos lembra, non sin acerto, a unha bruxa. Esta anciá solitaria que vive no periquito dos montes pedregosos pon a terra a descansar ata a primavera no que remata o seu reinado e cando ela renace nunha fermosa moza adolescente. Ela representa a sabidoría, a maxia, o renacemento, a fertilidade, …,
Rogamoslle que trasmute esa dor e situación que estamos a vivir nun mundo novo e unha nova sociedade mellor.
Esta noite, ao igual que séculos atrás, os druidas realizarán os seus rituais e invocarán toda a súa forza para darnos protección nestes momentos tan difíciles.
Samhaín non e unha festa escura, nin terrorífica, é unha festa de ledicia, de renacemento, de esperanza, por iso horemos aos nosos antepasados, lembremos aos caidos nesta pandemia,…. e celebremos a vida.
BRINDEMOS.